5/5/10

Cousa perigosa

E-la miña cousa perigosa. A que xoga debaixo da mesa, cando se vai a luz, o monstro que se agocha baixo da miña cama.
¿Onde andas, meu xoguete de lume? ¿Onde te metiches?
Xogamos ás agochadas, ti fuxes de min e eu búscote, e logo ó revés. Non sei ben como vai a conta. Creo que empatados ou por aí lle anda a cousa. Ás veces atópote e cando berro "gañei! dame o meu premio!" ti sorrís con suficiencia e negas coa cabeza, antes de saír correndo a esconderte de novo. Outras veces fágoo eu, e enfurrúñaste, pero quéresme o mesmo e segues a xogar, que é o divertido.
Cousa perigosa, do cor das lapas, con olliños de cores cambiantes e sempre un sorriso torto pra min. Miña cousa perigosa, deixa que te aloumiñe, que te bique, que enrede a man no teu pelame.
Cousa perigosa, ven xogar.

No hay comentarios: